Sempre me gustaron as linguas e as curiosidades lingüísticas
Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo (da primeira promoción!!). Neste momento estou a vivir en Santiago de Compostela.
Estou especializado en documentos xurídico-empresariais pero en todos estes anos levo traducido de todo: películas e debuxos para a TVG, manuais de instrucións de diversos aparellos, contratos e acordos empresariais, artigos médicos, científicos e económicos para revistas especializadas, publicidade e unha chea de cousas máis. As linguas coas que traballo son o inglés, alemán e portugués a castelán e galego.
Son tradutor xurado inglés-galego-inglés e tradutor xurado galego-castelán-galego