Tarifas orientativas
Un folio ben cheo de palabras vén tendo unhas 300 palabras. Normalmente cobro por palabra, pero o prezo varía dependendo do tema (non é o mesmo unha carta persoal que un artigo de física cuántica) e da cantidade (fago descontos polo volume das palabras). Para que vaias tendo unha idea:
Un documento duns cinco folios, entre galego e castelán pódeche saír ao redor dos 75 €. Un documento deste tipo dende o inglés, por uns 120 € aproximadamente e, se fose cara ao inglés, sairíache por pouco máis. Neste tipo de traducións, non cobro un mínimo.
As traducións xuradas son algo máis caras, ten en conta que á parte de traducir, veño sendo un notario da tradución: dou fe de que o que di nunha lingua é exactamente o que di o orixinal. Ademais, cómpre ter en conta que nas traducións xuradas tamén hai que facer mención dos anagramas, selos, símbolos, rúbricas e demais signos non textuais, o que orixina tamén palabras para contar. Neste tipo de traducións cobro un mínimo de 25 euros. Se precisas que o documento vaia coa apostila da Haia, tamén me podo encargar dese trámite e só che vou cobrar o que me cobre o notario.
Fago descontos por volume: se me encargas máis de 15.000 palabras, descóntoche un 15% do total e se supera as 30.000 palabras, o desconto é do 30%
Recargo por urxencia: 25%
Unha cousa que non debes esquecer: debes ter en conta sempre os impostos que hai que aplicar despois
Esta información é orientativa, se precisas algo máis concreto, consúltamo a través do meu formulario.